Os Premios COLEF Galicia 2025 entréganse este sábado en Noia

11 Marzo 2025

Este sábado 15 de marzo ás 19.00 horas o Coliseo Noela de Noia será o escenario dunha gran noite para a educación física en Galicia: a gala anual e a entrega dos premios do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física (COLEF), un recoñecemento ao labor dos profesionais máis destacados en: docencia (para Antonio Novo), xestión deportiva (para Mariquiña Castiñeira), rendemento deportivo (para Carlos Lalín), saúde (para Javier Roibal), social (para Juan Luis Martínez), investigación e innovación (para Javier Carballo) e premio especial (para Eduardo Pereira). Ademais, homenaxearase aos colexiados con 25 anos de traxectoria. Para o Concello de Noia, acoller esta gala “é un orgullo e unha gran oportunidade para poñer en valor o compromiso da vila co deporte, a educación e a saúde”.

O obxecto dos premios é “dar traslado á sociedade do traballo de persoas de recoñecido prestixio nos diversos ámbitos da actividade profesional físico-deportiva galega, premiando a aquelas que, no exercicio da súa actividade e ao longo da súa traxectoria profesional, teñan contribuído a impulsar ou difundir os valores da actividade físico-deportiva e de forma extraordinaria á garantía dos intereses da cidadanía na prestación de servizos físico-deportivos e á defensa desta organización colexial, da profesión ou dos seus membros colexiados”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.