Este sábado 15 de marzo polo serán o Coliseo Noela de Noia foi o escenario dunha gran noite para a educación física en Galicia: a gala anual e a entrega dos premios do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física (COLEF), un recoñecemento ao labor dos profesionais máis destacados en: docencia (para Antonio Novo), xestión deportiva (para Mariquiña Castiñeira), rendemento deportivo (para Carlos Lalín), saúde (para Javier Roibal), social (para Juan Luis Martínez), investigación e innovación (para Javier Carballo) e premio especial (para Eduardo Pereira). Ademais, rendeuse un sentido tributo aos colexiados con 25 anos de traxectoria.
O obxecto dos premios é “dar traslado á sociedade do traballo de persoas de recoñecido prestixio nos diversos ámbitos da actividade profesional físico-deportiva galega, premiando a aquelas que, no exercicio da súa actividade e ao longo da súa traxectoria profesional, teñan contribuído a impulsar ou difundir os valores da actividade físico-deportiva e de forma extraordinaria á garantía dos intereses da cidadanía na prestación de servizos físico-deportivos e á defensa desta organización colexial, da profesión ou dos seus membros colexiados”.




