O XXXIX Rally Dakar puxo o broche de ouro ao Entroido de Noia con mancheas de premios

16 Marzo 2025

Este venres 14 de marzo celebrouse finalmente a XXXIX edición dunha das grandes citas do Entroido do Barbanza: o Rally París-Dakar de Noia (logo de ser sido adiada esta convocatoria 2025 dende a data inicial do 7 de marzo, por mor do mal tempo). O rally comezou na explanada de Labarta sobre as 21.00 horas, e cun percorrido que pasou polo Paseo Antón Avilés de Taramancos e as rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro, amenizado todo o conxunto da comitiva pola charanga BB+ e da disco móbil Chocolate.

O desfile veu con mancheas de premios, cunha contía total de 7.000 euros a distribuír entre as propostas máis creativas das categorías individual, familias, comparsas e grupos. O Concello, organizador da actividade, felicitou a participación de todas as persoas que contribuíron (individualmente, en parella ou en grupo) co seu esforzo e coa súa creatividade a facer brillar esta nova edición do rally entroideiro.

Damos conta dos premios:

Categoría Comparsa

3º Premio: Tarde Mal e arrastro (300 €)

2º Premio: Canguro Park (400 €)

1º Premio: Ti Máis Eu (500 €)

Categoría Grupos

O Señor dos Anillos de Aspas (500 €)

Xardín Armatroulas (900 €)

Entre Arlequines e pallasos (1.300 €)

1º Premio: Aromas de Entroido (2.000 €)

Categoría Individual

2º Premio: O Trasno de San Lois (100 €)

1º Premio: Baila co Vento (200 €)

Categoría Parellas

2º Premio: Amor Monstruoso (200 €)

1º Premio: Noia Cultura no Camiño (300 €)

Mencións Especiais (100 € cada unha)

Autopista Berberecho

A Carnavaleira do Barbanza

Os Gamusinos

Premio á Simpatía (disfraces locais)

Circo Xirarei (300 €)

Premio ao Humor e Máis Choqueiro (disfraces locais)

As Galaicas en Río (300 €)

Quen queira ver fotos dos premiados, tenas á súa disposición no Facebook municipal de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.