O sector editorial galego verase beneficiado cunha axuda de 250.000 € por parte da Xunta

07 Marzo 2025

O sector editorial galego está de en hora boa pois dende a Xunta de Galicia veñen de publicar unha orde de axudas dotada con 250.000 euros coa finalidade de promover a distribución das obras editadas e facilitar que cheguen ao público lector.

Estamos perante unha proposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con estes profesionais aos que destina, en total, máis de 3M€ no impulso do sector do libro e a lectura.

Dende o Diario Oficial de Galicia explícase que estas axudas van dirixidas á edición, distribución e comercialización das publicacións realizadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025. Cada editorial poderá solicitar axudas para un máximo de 15 libros e o importe máximo adxudicado a cada unha delas non superará os 25.000 euros. Esta achega sufragará os gastos derivados de actividades como: tradución e corrección, revisión, maquetación, custes de preimpresión e dixitalización, accións de comercialización como campañas de mercadotecnia e de publicidade en diferentes medios e canles ou gastos de distribución.

Engadir que a esta convocatoria poderán presentarse desde o 12 de marzo até o 11 de abril, que se

pechará o prazo de solicitudes as empresas editoriais que desenvolvan a súa actividade en Galicia. Os libros obxecto de axuda deberán cumprir cunha serie de requisitos como estar editados en Galicia e comercializados a través de librarías ou doutras plataformas de distribución física ou dixital, contar cunha tiraxe mínima de 400 exemplares que, no caso das obras de poesía, teatro e ensaio, serán un mínimo de 200. Asemade, tamén terán que contar cun plan de distribución e comercialización en España ou fóra, ser a primeira edición dunha obra inédita ou ben dunha cuxa última edición na lingua que se propón publicar teña unha antigüidade de máis de 15 anos e posuír un mínimo de 60 páxinas por exemplar, agás os libros infantís, de teatro e de poesía.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.