O PSdG cualificou de “gran éxito” a manifestación da Pobra contra Altri

24 Marzo 2025

Os socialistas galegos emitiron este luns 24 de marzo unha valoración da manifestación multitudinaria celebrada este sábado 22 de marzo da Pobra do Caramiñal, unha concentración que a xuízo do portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, conseguiu que o Goberno galego “quitara a careta e admita por primeira vez que o proxecto de Altri é unha gran macrocelulosa”. Torrado cualificou de “gran éxito” a manifestación do pasado sábado contra o proxecto da pasteira auspiciado polo Goberno do PP pero que Galicia “nin quere nin necesita”, dixo, ao tempo que puntualizou que “o feito de que o Executivo autonómico admita agora a dimensión real da pasteira que están a avalar constitúe un triunfo da mobilización cidadá”.

Aludiu aos cambios no que ía ser un gran proxecto para fabricar fibra téxtil e crear 4.000 empregos, “que non cambiaría o modelo forestal e que era viábel e sostíbel cando en realidade trátase dunha gran macrocelulosa que vai crear uns poucos centos de empregos e que precisa de 250 millóns de euros a fondo perdido”. Sinalou neste sentido que “a negativa agora de Rueda a darlle financiamento público constitúe unha recollida de cable porque dáse de conta de que a mentira non dá para máis”. Reclamoulle que explique “o que sabe do proxecto que non está a contar aos demais”. Sinalou tamén que o debate está hoxe “onde dixo o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que ía estar: na solvencia e rigor do proxecto”.

Dixo que o PSdeG “foi o único partido no Parlamento que non quixo que os fondos europeos foran xestionados pola Xunta, e que de ter saído adiante esta petición hoxe Altri estaríase construíndo xa”. Lembrou que “logo do trámite acelerado e axilizado ata o extremo para aprobar a Declaración de Impacto Ambiental por parte da Xunta, quédalles moita tramitación por facer”, e emprazou á análise “máis sosegada e rigorosa” para pedir os fondos europeos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...