O PP de Ribeira presenta unha iniciativa para promover a construción de vivenda pública no concello

25 Marzo 2025

A voceira do grupo municipal do PP en Ribeira, María Sampedro, reuniuse esta mesma semana coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa finalidade de poñer no seu coñecemento a preocupación do grupo “pola falta de vivenda pública no municipio” e presentar unha iniciativa que poida facerse efectiva a través de solicitar ao Goberno central que realice a cesión do solo da Sareb dispoñíbel para Ribeira a través do Proxecto Viena.

A proposición presentada para o seu debate no pleno ordinario deste mes de marzo insta,
por un lado, ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana a facer a cesión gratuíta e inmediata
da parcela da Sareb situada na avenida da Coruña e, por outro lado, á Xunta de Galicia a
que reafirme o compromiso de que, unha vez cedida a parcela, redacte e licite un proxecto
de construción de vivendas acorde ás necesidades do Concello de Ribeira.

No encontro coa conselleira, a voceira popular amosou a súa preocupación ante un problema que, segundo dixo, “está a convertese de emerxencia nacional pola falta de oferta e por conseguinte o disparatado aumento das rendas a máximos históricos, polo que é básico sumar esforzos por parte de todas as Administracións na busca de solucións
urxentes e integrais”, sinalou Sampedro,

Tamén fixeron alusión ao crecemento do alugueiro turístico ante o alugueiro convencional ante a inseguridade xurídica nos procedementos actuais e proliferación da ocupación. Dende o Grupo Municipal Popular aseguran “que Ribeira non é unha excepción ante esta problemática” e convidan a todos os grupos municipais a “mostrar a súa sensibilidade non só co tema en si mesmo senón tamén cos colectivos máis afectados pola falta de oferta, como poden ser as persoas en risco de exclusión ou a mocidade que quere acceder á súa primeira vivenda”.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.