O Partido Galeguista, o Concello de Rianxo e a Secretaría da Lingua homenaxean a Teresa Castelao

25 Marzo 2025

A Igrexa de Santa Comba e o Cemiterio de Rianxo acolleron este domingo 23 de marzo unha homenaxe a Teresa Castelao, irmá do histórico debuxante, escritor e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A homenaxe encadrouse na celebración do 25 cabodano de Teresa Castelao. Na cita estiveron presentes representantes da nosa cultura e do noso ámbito político, como o secretario xeral de Lingua, Valentín García, ou o alcalde rianxeiro Julián Bustelo.

A lembranza consistiu nun oficio relixioso que acolleu a igrexa de Santa Comba e nunha ofrenda floral na sepultura na que Teresa repousa canda a outra irmá, Josefina, no camposanto rianxeiro. Os actos foron organizados polo Partido Galeguista no marco da celebración do Ano Castelao e neles participaron tamén o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López; o herdeiro de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Javier Baltar, e o párroco Marcelino Sánchez. O acto contou coa colaboración do Concello e das entidades galegas de Alén Mar de Arxentina e Uruguai.

Falecida con máis de cen anos, Teresa foi durante décadas o nexo de unión de Castelao coa súa familia, con Rianxo e con Galicia. Foi presidenta da Fundación Castelao dende 1984, data da súa creación, até a súa morte hai 25 anos.

Teresa Rodríguez Castelao asinando a escritura da Fundación Castelao o 28 de decembro de 1984 en Santiago de Compostela. Reprodución de El Ideal Gallego.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...