O Laboratorio Ecosocial de Barbanza crea unha metodoloxía para imaxinar o futuro dos montes veciñais

04 Marzo 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Baroña (Porto do Son) un obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos seus montes e definir accións concretas para facelo realidade. A actividade está coordinada pola Fundación Montescola, responsábel do deseño desta metodoloxía innovadora no marco do proxecto.

O obxectivo é axudar ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) a visualizar colectivamente o futuro dos seus montes e transformar esa visión en accións concretas no presente. A xornada está coordinada pola Fundación Montescola, entidade especializada na educación ambiental e dinamización comunitaria e que deseñou a metodoloxía.

O obradoiro propón un enfoque participativo para que as comunidades poidan imaxinar como desexarían que fose o seu monte dentro de 30 anos, creando un Plan de Acción Comunitaria que marque os pasos necesarios para alcanzar esa visión. Esta primeira xornada en Baroña servirá como piloto para unha serie de 10 obradoiros que se desenvolverán ata decembro nas CMVMC de Rianxo e Lousame, coa participación prevista dun cento de persoas.

A programación do obradoiro inclúe sesións de traballo pola mañá, un xantar comunitario con produtos do monte, unha visita de campo e a redacción do Plan de acción comunitaria de Baroña, un documento que recollerá a estratexia compartida pola veciñanza para facer realidade o seu futuro ideal. A facilitación correrá a cargo de tres técnicas da Fundación Montescola, que guiarán o proceso participativo.

Espérase a participación de 20 persoas de todas as idades, tanto comuneiras como non comuneiras. Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o xoves 5 de marzo inclusive.

O Laboratorio acaba de publicar a Guía de facilitación para imaxinarmos os montes veciñais do futuro, dispoñíbel para descarga gratuíta na súa páxina web. Esta guía ofrece un enfoque detallado e práctico para que outras comunidades poidan replicar e adaptar a metodoloxía.

Baroña 2055: o monte que soñamos

O Laboratorio fai un chamamento á participación na xornada de prospectiva comunitaria para imaxinar o monte veciñal do futuro. Esta actividade está aberta á participación de todos os públicos e ideades. Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o xoves 5 de marzo inclusive.

A cita será o sábado 8 de marzo a partir das 10h na Casa Forestal de Baroña, Porto do Son Vilar, 35.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordina

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza. A súa coordinación está a cargo da Fundación RIA.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.