O Entroido de Porto do Son arrincou ao grande co Concurso Infantil de Disfraces

03 Marzo 2025

O Entroido de Porto do Son arrincou con forza este sábado 1 de marzo co Concurso Infantil de Disfraces, que veu con tres categorías: individual, parellas e grupos. A xornada estivo marcada pola música e contou cunha “minirruada” que foi desde a praza de España á carpa da fachada marítima coas nenas e nenos concursantes. Celebráronse tamén, na mesma xornada, os espectáculos Canta Música de Pablo Díaz e do Mago Willy Pomper e a Princesa Pomperela.

O Concello publicou nas redes sociais unha completa reportaxe fotográfica sobre as e os participantes no concurso.

Os premios (800 euros en diferentes recoñecementos) foron para Etteling, un mundo de fantasía e Baila co vento; para Pavo Real, Dulce Mezcla e Coruxas, Serpes e Bruxas (Individual), Cultura no Camiño, La Corona Británica e Momias (Parellas); e Circo Xirarei e Enxiada Encaixamos (Grupos).

Un día despois, o 2 de marzo, a partir das 17:30 h, celebrouse a foliada choqueira en Porto do Son, organizada en colaboración coa Asociación Sonora. Tamén houbo chocolatada e filloada e A.A.F. Chorimas protagonizou unha ruada pola vila ata a fachada marítima. A media tarde actuou a agrupación local B.M.T. Suevia e ás 18:.30 h continuou a foliada coa Asociación Sonora.

De xeito paralelo celebrouse a Festa da Filloa en Portosín, organizada en colaboración coa veciñanza de Portosín. Contou con filloada na Praza do Curro, a onde acudiron centos de persoas.

Este luns, 3 de marzo, a partir das 17.00 h, celebrarase o Concurso de Adultos de disfraces. Vén con tres categorías: individual, grupo e comparsas. A xornada volverá estar marcada pola música, a diversión e contará cunha ruada que irá desde a Casa da Cultura á carpa da fachada marítima coas persoas concursantes. Tamén terán lugar en Porto do Son as actuacións Little Garden de Pablo Méndez e da Comparsa Os Solfamidas na Carpa. Todo isto presentado por Juan de Troula que será o encargado de elixir o xurado popular ante o público asistente.

O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá inchábeis desde as 16.30 ata as 2030 horas no Polideportivo Santa Irene. Por último, o Mércores de Cinza, 5 de marzo, celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19.30 h no Acompañamento do Defuntiño.

Máis de 3.700 euros en premios

Para ambos os dous concursos establécense premios que ascenden a 3.775 euros distribuídos da seguinte maneira:

– Grupo Infantil: 150 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

– Parellas Infantil: 100 € (1º premio), 60 € (2º premio), 40 € (3º premio).

– Individual: 70 € (1º premio), 50 € (2º premio), 30 € (3º premio).

– Raíña: 100 € e Rei: 100 €

– Comparsas adulto: 800 € (1º premio), 500 € (2º premio), 300€ (3º premio).

– Grupo adulto: 500 € (1º premio), 300 € (2º premio), 200 € (3º premio).

– Individual adulto: 200 € (1º premio), 100 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.