O DOG publica a aprobación do proxecto de trazado da 1ª fase da conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Brión-Noia

05 Marzo 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado da primeira fase de conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións (VAP) Brión-Noia. Tamén leva aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención.

Esta actuación superará os 29 M€ e neste investimento inclúese o pagamento dos 11 predios necesarios para executar o treito de 9,66 km de lonxitude da vía, que se inicia no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finaliza no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da VAP Brión-Noia, aproximadamente.  

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará o levantamento de actas previas das expropiacións e licitará as obras do subtreito Brión – enlace de Urdilde ao longo deste ano. O prazo para acometer esta obra é de 18 meses.

O proxecto aprobado no Consello da Xunta do pasado día 24 de febreiro ten por obxectivo converter en autovía o treito comprendido entre os quilómetros 11+640 e o 21+300, realizándose o desdobramento para a autovía cara ao lado esquerdo da vía de altas prestacións CG-1.5, polo que se manterá a estrutura actual ao situarse no lado contrario do carril lento. Isto favorecerá que se poida manter a funcionalidade durante o transcurso das obras.

Cómpre lembrar que durante a realización das obras desta vía en calzada única xa se tivo en conta a futura conversión en autovía, cun trazado axeitado. Para iso na execución da VAP Brión-Noia realizáronse os movementos de terras principais da obra e os pasos superiores e inferiores, que non é necesario ampliar salvo no caso do paso inferior situado no quilómetro 11+990.

En concreto, a estrada proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha das modificación consistirá na reconstrución dos noiros do desmonte  na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección.

Actualmente o treito obxecto do proxecto de trazado da VAP Brión-Noia conta con dous enlaces a distinto nivel, Urdilde e Martelo, e cun ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago. Os dous enlaces conservaranse, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Así os enlaces deste novo treito de autovía estarán en Urdilde, no punto quilométrico 15+400, a 3,4 quilómetros do anterior enlace en Brión; e en Martelo, no punto quilométrico 18+930 a 3,53 quilómetros do anterior enlace.

No caso do viaduto de Naveira, proponse unha ponte xemelga á existente, coa peculiaridade de que os pilotes de 1 metros de diámetro dos estribos xa están executados. O viaduto terá 7 vans de 40 metros de luz entre eixos de pilas. Estas serán fustes octogonais ocos. O taboleiro terá unha anchura de 11,50 metros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...