O conselleiro do Mar insta ao sector do mexillón a unirse para reforzar a súa representatividade

26 Marzo 2025

Na actualidade na costa galega hai instaladas 3.573 bateas das cales 1.203 non pertencen a ningunha das 45 entidades que agrupan aos produtores de mexillón, diluíndo a voz da actividade miticultora galega
— Nas vindeiras semanas recompilarase datos a través das distintas asociacións co obxectivo de actualizar os xa dispoñibles de cara a unha nova convocatoria da Comisión do Mexillón no vindeiro mes de maio.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu a Comisión do Mexillón, onde apelou á necesidade de agrupar a todos os produtores da comunidade para fortalecer o papel de interlocución das súa entidades representativas na toma de decisicións que afectan á actividade. Acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, Villares destacou que das 3.573 bateas instaladas na costa galega, só 2.370 están adscritas a algunha das 45 asociacións actuais do sector.

O titular do Mar salientou que a miticultura é un sector estratéxico para Galicia, tanto en facturación como en xeración de emprego, situando a comunidade como referente a nivel europeo. Neste sentido, destacou que para manter este liderado e afrontar os retos actuais, resulta fundamental que os produtores actúen cunha soa voz na defensa desta actividade extractiva. O conselleiro fixo unha chamada á reflexión para atopar un espazo común que permita unir esforzos en beneficio do sector mexilloeiro, considerado buque insignia da acuicultura galega e recoñecido internacionalmente pola súa excelencia gastronómica.

Medidas para mellorar a capacidade produtiva

A Consellería do Mar autorizou recentemente o adianto do período de colocación de cordas colectoras, ademais de ampliar en 50 as permitidas polo decreto que regula a miticultura en Galicia. Esta medida responde aos cambios nas condicións oceanográficas e ambientais, que están a provocar desprendementos do mexillón e, en determinadas épocas, da mexilla. Con esta acción, a Xunta reafirma o seu compromiso con medidas que optimicen o funcionamento e a competitividade do sector.

A directora xeral de Pesca, Patricia García, trasladou ao sector a información dispoñible na Consellería sobre esta decisión, baseada en diversos informes técnicos. Subliñou ademais a importancia de dispoñer de datos precisos para tomar as mellores determinacións no ámbito da produción. Finalmente, acordouse que a Comisión do Mexillón volverá reunirse a comezos de maio para fixar unha folla de ruta e reforzar o diálogo entre a Administración autonómica e o sector.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.