O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Obras, está executando estes días diversas melloras na rede viaria municipal. En concreto, estase a traballar na renovación do firme de diferentes pistas no núcleo de Asadelos (Asados), así como no acceso ao núcleo de Somoza (Asados), onde tamén se instalaron tubaxes para mellorar a canalización das augas pluviais.

O Concello explicou que nas vindeiras semanas levaranse a cabo traballos semellantes nos núcleos de A Igrexa (Taragoña) e Paradela (Taragoña).





