O Concello de Boiro comeza o proceso de limpeza dos seus areais

12 Marzo 2025

Dende o Concello de Boiro anuncian que esta semana do 10 de marzo dá comezo o proceso de limpeza e acondicionamento dos areais logo da tempada de choivas máis fortes para a súa posta a punto de cara a primavera e a época estival. Dicir que os traballos xa comezaron polas praias de Barraña-Saltiño e faranse paseniño en todos os areais do municipio.

Deste xeito é esta época do ano cando se leva a cabo unha limpeza mecánica para retirar a capa de residuo depositada na superficie areosa por mor das mareas e dos temporais do inverno, aplanando a superficie e deixándoa limpa dos residuos traídos polo mar. Engadir que, amais do acondicionamento da superficie areosa, de xeito parello realízase a limpeza e rozado das zonas axardinadas, os paseos e os accesos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.