O “Circo Xirarei” de Noia gaña o concurso de comparsas de Entroido do Concello de Brión

04 Marzo 2025

O grupo do Circo Xirarei de Noia

A comparsa Circo Xirarei de Noia foi a gran gañadora do Concurso de Disfraces do Concello de Brión, celebrado este domingo e que reuniu a centos de participantes de toda a provincia. O tempo acompañou, polo que o desfile e o concurso puideron celebrarse sen incidencias, así como a gran festa de Entroido final coa actuación do Grupo Ritmo no parque de Lamiño. O Concello de Brión repartiu máis de 2.500 euros en premios, elixidos por un xurado que valorou a creatividade e orixinalidade dos disfraces, a súa laboriosidade e a posta en escena durante o desfile, no que estiveron acompañados pola música da Charanga Os Celtas de Negreira.

Premiados nas cinco modalidades

Na categoría de comparsas entregáronse catro galardóns e un accésit. O primeiro premio de 300€ foi para o Circo Xirarei (Noia), seguido polas Xirafas Peregrinas (Oroso, 250€). Completaron o podio Os Romanos de Pedrouzos (Brión) e Os Miudiños (Muros), que gañaron 200 e 150€, respectivamente. Finalmente, o xurado outorgou un accésit de 100€ para A Lobeirada (Brión).

Na modalidade de grupos houbo catro premios e dous accésit. Así, os 200€ do primeiro premio foron para Os Mini Picapedra (Rois), mentres que os 175€ do segundo foron para Las superheroínas nunca faltan (Brión). O terceiro premio, dotado de 150€, recaeu na formación Desayuna con alegría (Ames) e o cuarto foi para Os Potter (Brión), que levaron 125€. En canto aos dous galardóns honoríficos, de 75€ cada un, foron para dous grupos locais: Minimerry 2 e As fadas gardiás do Monte da Rañalonga.

Na modalidade individual, na categoría infantil (para cativada ata os 11 anos) o primeiro galardoado cun vale de 60€ en material didáctico foi a Familia Loro (A Estrada). O segundo premio, un vale de 50 €, recaeu no Escorpiplasti (Brión), mentres que o terceiro galardón, un vale de 40€, foi para o disfrace Baila co Vento (Noia). Por outra banda, na categoría adultos, os 100€ euros do primeiro premio foron para Negreira da man do Furbi Remolón, mentres o segundo premio, de 75€, foi para o Pavo Real (Brión).

Dentro da modalidade de parellas, repartíronse tres galardóns e un recoñecemento honorífico. Neste caso o primeiro premio, de 150€, foi para o dúo noiés La Corona Británica. Os 125€ do segundo premio foron para Un amor monstruoso (Noia), mentres que o terceiro premio, de 100€, foi para os Minigrease”(Brión). Finalmente, os 50€ do accésit foron para Os Gamusinos (Noia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.