O bus do teatro do CDG ten unha cita con Ribeira o 19 de marzo para asistir en Santiago á función “A burra, a mesa e o pau”

16 Marzo 2025

O Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego convida o público de Ribeira a ir a Santiago ao teatro, concretamente para asistir á representación da obra A burra, a mesa e o pau. Esta terá un custo de 5 € por persoa, incluíndo desprazamento en autobús. Será o 19 de marzo, mércores, con hora de saída fixada para as 16.00 h desde Ribeira. A cita será na sede habitual das representacións do CDG, o Salón Teatro de Santiago.

Reservas no teléfono 981 835 650 (de luns a venres de 9 a 14 h) ou en normalizacion@ribeira.gal.

O Centro Dramático Galego ofrecerá até o 20 de abril, no Salón Teatro de Santiago, cinco funcións de A burra, a mesa e o pau. A montaxe, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, conta cun elenco de 15 actores e actrices que integran Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar para dar vida a unha proposta escénica ideada como unha fábula arredor dunha familia obreira galega desexosa de atopar solucións máxicas para saír da súa precariedade.

A burra, a mesa e o pau dispón de interpretación a lingua de signos, subtítulos para os dispositivos móbiles, programa de lectura fácil e, nas sesións descontraídas dos mércores, o acondicionamento especial da sala. Con esta función consolidouse a campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?, que facilita servizo gratuíto de autocares para ver o espectáculo e á que xa se sumaron 65 concellos das catro provincias, incluído Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.