O BNG reivindica en Ribeira o legado de Castelao como símbolo do nacionalismo galego

21 Marzo 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrou un acto no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira​ baixo o lema Castelao, Nacionalista Galego, ​d​entro do programa de actos que a agrupación está a desenvolver ao longo do país para conmemorar o 75º aniversario do seu pasamento. O acto serviu para reivindicar a vixencia do ​legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e contou coa intervención do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e da escritora Marta Dacosta, que puxeron en valor a figura de Castelao como “referente imprescindíbel do nacionalismo galego”. Durante a súa intervención, Pérez Barral denunciou “a falta de compromiso do Goberno galego coa defensa dos intereses de Galiza; Castelao ensinounos que unha nación que non goberna para si mesma sempre será subalterna; por iso, o BNG segue a traballar con firmeza por unha Galiza dona do seu futuro​”, sinalou.

O rexedor subliñou que o pensamento de Castelao segue sendo unha guía para a acción política do BNG, que continúa a traballar por “unha Galiza libre, xusta e soberana”.​ Vivimos, dixo, “nun país rico e con recursos por iso imos seguir traballando arreo, escoitando e falando co pobo galego, para sumar máis voces e máis forzas para que, nun futuro moi próximo, teñamos ​á fronte da Xunta un goberno liderado por persoas que crean de verdade na potencialidade deste país​, por persoas honestas, que defendan Galiza por riba de todo, que poñan os intereses do pobo galego por diante de ​t​odo​”, sinalou.

Pola súa banda, Marta Dacosta puxo o acento na dimensión cultural e social de Castelao, lembrando a súa defensa inquebrantable da lingua galega e dos dereitos do pobo galego. “Se hoxe puidese ver a nosa realidade, seguiría a denunciar a discriminación ​que sofre o galego ou como defendería a riqueza natural do país”, afirmou.​ Con respecto ao ámbito social a escritora destacou a relevancia do traballo de Castelao para darlle voz aos máis febles tendo sempre presente aos cegos, aos nenos e nenas, ás mulleres.

O evento concluíu ​reforzando a idea de que “​o mellor xeito de honrar a Castelao non é só lembrándoo, senón seguindo a súa loita con determinación”​.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.