O BNG reclama á Xunta medidas para loitar contra as especies invasoras na costa galega

18 Marzo 2025

A portavoz de Mar do BNG, Rosana Pérez, reclamou na comisión de Pesca deste martes 18 de marzo a presentación por parte do Goberno galego de informes, de existiren, sobre a detección, incidencia, risco de expansión e consecuencias sobre a biodiversidade do medio mariño nas costas galegas especies invasoras como a alga asiática, o xacinto de auga ou o verme postenterogonia orbiculari —coñecido comunmente como planaria e o pyura herdmani, que lle afectan aos bivalvos.

Pérez incidiu que estas especies constitúen “unha ameaza máis para un sector ao que a Xunta condena coa súa intención de implantar Altri no corazón de Galiza”. Engadiu que “diante desta situación que ninguén entendería nun país que tivese un Goberno que traballase para o propio país e a súa xente, e non para a instalación de macrocelulosas como a de Altri e explotacións mineiras como a de Touro ou a de San Finx, temos agora un problema que cada vez medra máis e que tampouco é novo”, lamentou.

Asegurou “descoñecer se a Xunta está a intensificar os controis e a realizar un seguimento desas especies, tal e como vén de esixir tamén o secretario do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galiza, quen lle reclamou  responsabilidade á Xunta de Galiza e manter a vixilancia”, sinalou, engadindo que “parécenos ben que a Consellería lle pida calma ao sector, pero alén diso, que están a facer?”, preguntou a deputada.

Afirmou que “se o Goberno galego  defendese e que valorase o que significa o sector para Galiza non estaría botando balóns fóra, tachando aos grupos políticos e aos medios de comunicación de alarmistas ou criticando os concellos e esixíndolles que se encarguen eles de xestionar o problema”.

Na iniciativa pedíase ademais que se activen as medidas de alerta necesarias que eviten o establecemento, a mobilidade e a dispersión desas especies para así minimizar os posíbeis riscos, sendo conscientes de que no noso litoral existen máis de 3.000 bateas de mexillón . “Calma si pero sen pausa”, pediu Pérez, instando a “poñer todos os medios para tratar de que o mal non vaia a maiores”, e lembrando que, tal e como sostén a comunidade científica, a previsión e detección temperá son cruciais para evitar problemas máis serios.

Propuxo ademais que o establecemento de directrices claras a respecto da xestión, do control e da posíbel erradicación destas especies invasoras, e non ”confusión e demoras nas actuacións”, aclarou, subliñando que a Xunta non debe escatimar medidas de ningún tipo, tampouco en materia orzamentaria, porque o dano pode ser importante e porque xa o está a ser nalgúns casos como o do xacinto de auga”. “Débense dedicar todos os esforzos a investigar, detectar, vixiar e mitigar a expansión”, recalcou.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.