Menú degustación especial na formación de Catering e Cociña de AMBAR en Porto do Son

27 Marzo 2025

Esta mañá, nas cociñas do Concello de Porto do Son, as persoas participantes na formación de Catering e Cociña, organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, elaboraron un menú degustación moi especial.

O evento contou coa presenza do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e de José Pazó, orientador laboral, quen tiveron a oportunidade de probar os pratos preparados polo alumnado. Ademais, asistiron Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; Jessica Estévez, técnica de emprego; e as familias das persoas participantes dos concellos de Porto do Son e Noia.

Tanto o alumnado como a súa formadora, Irene Fajardo, mostraron a súa satisfacción polos avances acadados ao longo do curso. Esta xornada serviulles para gañar confianza e destreza de cara ás prácticas en empresas, que constitúmen a seguinte fase da formación.

A iniciativa está cofinanciada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE) a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social (PIN) – Ano 2024-2025.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...