Incendiados dous colectores de lixo en Barrantes e no Xogo da Bola, na Pobra do Caramiñal

19 Marzo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira foron alertados esta madrugada, arredor das 06:15 horas, dun incendio nun colector de lixo na rúa Barrantes, no concello da Pobra do Caramiñal.

O operativo consistiu na extinción do lume, que calcinou por completo o colector, e na posterior comprobación da seguridade do perímetro.

Na actuación tamén tomou parte a Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Rematado o servizo, sobre as 07:10 horas reciben outro aviso doutro incendio nun colector, esta vez na rúa Xogo da Bola, na Pobra do Caramiñal.

O operativo consistiu na extinción das lapas, que estaban afectando o lixo do interior sen danar o colector. Unha vez apagado procedeuse a comprobar a seguridade no perímetro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.