Homenaxe ás Mulleres do Serradoiro en Surribos

09 Marzo 2025

Este sábado celebrouse en Surribos (Abelleira) un emotivo acto en lembranza e recoñecemento ás mulleres do serradoiro, que durante anos desempeñaron un labor fundamental na economía local. Estas mulleres, cunha dedicación incansable, cargaban madeira e contribuían ao sustento de moitas familias do Concello de Muros, aínda que a súa historia permaneceu durante moito tempo esquecida.

“Reafirmamos un compromiso: que a historia das mulleres traballadoras do noso concello nunca volva quedar no esquecemento”, declarou a alcaldesa de Muros, María Lago, durante o acto.

O evento contou coa organización da Asociación de Veciños A Ostreira e a colaboración da Escola de Música Municipal de Muros, que lle puxo banda sonora á homenaxe. O Concello de Muros expresou o seu agradecemento a todas as persoas asistentes, así como a Delia, Lola e Ernestina, que compartiron as súas lembranzas, dando voz a todas aquelas mulleres imprescindibles no pasado da comunidade,

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.