Galiza Nova concéntrase en Noia contra o gasto militar

31 Marzo 2025

A organización xuvenil do BNG concentrouse na mañá deste sábado 29 de marzo no concello de Noia, convocados baixo o lema Contra o exército e o gasto militar. Máis berberechos, menos metralletas, para denunciar o incremento do gasto militar anunciado nas últimas semanas polo Goberno do Estado.

O acto, ao que asistiron medio centenar de mozas e mozos, tivo lugar no paseo marítimo da vila e fíxose coincidir coa Xura de Bandeira que o Exército de Aire levaba a cabo tan so uns metros máis arriba, na Alameda do Concello. Así o sinalou Tamara Vidal, responsábel comarcal da organización, na súa intervención: “Hoxe está o exército español na nosa vila, mais a mocidade galega temos claro cales son os nosos verdadeiros intereses e non teñen nada que ver cos do imperialismo que está alí arriba”. Vidal tamén criticou “o desleixo das institucións coa súa ría” e engadiu que “a nosa costa non se protexe cos avións de combate, protéxese con políticas medioambientais que garantan a protección e o futuro dos nosos ecosistemas”.

Pola súa banda, a secretaria xeral da organización condenou o anuncio do Goberno español de incrementar ata o 2% do PIB o gasto militar: “Iso significa destinar miles de millón de euros á guerra, que non á nosa seguridade, cando o que precisamos é investimento en servizos sociais, en emprego digno ou en protección ambiental” denunciou durante a súa intervención. Gómez tamén puxo o foco en que “non é ningunha sorpresa que o Partido Popular e o PSOE estean perfectamente de acordo nisto, pois cando se trata de defender un estado que goberna para os intereses do grande capital e subordinados a Washington e a Bruxelas ambas forzas coinciden plenamente”.

Para rematar a súa intervención, Marta afirmou que “non atoparán a complicidade da mocidade galega para ser peóns no seu xogo da guerra” e sinalou que “a mocidade galega queremos un futuro na nosa terra, con emprego digno, con servizos de calidade e cunha economía que respecte a nosa identidade e os nosos recursos. Nese camiño atoparannos sempre coa man tendida”, sentenciou.

O acto rematou co despregamento dunha bandeira da patria de grandes dimensións, “a bandeira que realmente defende os intereses das galegas e dos galegos” dixeron dende a organización xuvenil, e tamén co canto do himno galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.