Este luns pecha o prazo para enviar contribucións para o Libro de Pascua 2025 de Padrón

10 Marzo 2025

O Concello de Padrón informa que este luns 10 de marzo remata o prazo para presentar contribucións (textos e fotos) para participar na edición do Libro de Pascua edición 2025. Dende a Administración local fan un chamamento á participación con publicacións creativas que contribúan a que residentes e visitantes poidan desfrutar aínda máis das festas de Pascua. Os textos e fotos deberán ser enviados á conta cultura@padron.gal. A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase do 12 ao 27 de abril. Os textos deberán ser enviados en formato Word ou PDF e estar escritos en galego normativo. As imaxes haberá que envialas con formato JPG, PNG ou TIFF, con calidade para imprimir.

O tradicional Libro da Pascua de Padrón sae á rúa coincidindo coas festas máis relevantes da vila. Adoita incluír fotografías de Padrón e da súa contorna, antigas e novas, noticias de actualidade e contribucións xornalísticas ou literarias de autores consagrados vencellados á vila e de promesas das nosas letras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.