“Españois saharauis nacidos antes de 1976 non son recoñecidos coma nacionais de España” (e II). Antón Luaces

04 Marzo 2025

A concesión da nacionalidade española aos saharauis nacidos no antigo Sáhara Occidental, que tiveron representación nas Cortes franquistas (e á que a ONU segue a considerar como nación administradora da que fora colonia española) é un dereito que non se aplica aos saharauis por máis que moitos destes conserven o DNI español e mesmo sigan a percibir subsidios ou pensións devengados dende moito antes de 1976, ano no que perderon ese dereito pola  aplicación do Real Decreto 2258/1976  aprobado polo Congreso dos Deputados.

Para facer efectiva esa perda de dereitos, o Goberno español tivo máis en conta os intereses hispano-marroquís ca os vínculos afectivos e mesmo familiares de moitos anos de historia en común, pero tamén socioeconómicos a través de, por exemplo, empresas ou sociedades como as minas de Fos Bucraa ou os caladoiros saharianos onde, por exemplo, patróns galegos de pesca a bordo de barcos tamén galegos, ensinaron aos saharauis o uso de determinadas artes de pesca que os naturais do Sáhara non practicaban (tampouco os marroquís). 

A PESCA EN AUGAS SAHARAUIS: Barcos  canarios, andaluces e galegos (tamén algúns vascos e levantinos) tiñan o banco canario-sahariano como propio, ata que se produciu esa desvinculación que agora provoca unha especie de desafección que, na miña opinión, para nada beneficia ás partes. Proba dese vínculo extraoficialmente existente entre a poboación saharaui e os cidadáns españois é a continuidade de relacións familiares polas que anualmente nenos saharauis pasan con familias españolas as súas vacacións escolares. Estes cativos veñen falando un castelán que amosa a existencia de vínculos hispano-saharauis que a separación oficial (non anímica) de ambos os pobos non existe realmente.

Dese contacto no mar quedan fondas pegadas: Por exemplo a do pesqueiro grancanario Mencey de Abona que o 3 de novembro de 1980 desapareceu  a escasas millas da costa do Sáhara. Un mes máis tarde apareceu aboiando no mar, atado de pés e mans, o cadáver de Domingo Quintana, un dos 17 tripulantes do barco. O corpo do mariñeiro tiña sinais evidentes de ter sido golpeado brutalmente e esganado antes de o guindar pola borda. Os corpos dos seus 16 compañeiros nunca foron recuperados. 

Outras referencias dese tempo: O 29 de novembro de 1978, dous anos antes da desaparición do Mencey de Abona, activistas saharauis asaltaron o pesqueiro Cruz del Mar e asasinaron a 7 dos seus 10 tripulantes. Os outros tres mariñeiros guindáronse ao mar. 

Daquela había en augas saharianas máis dun cento de barcos españois (canarios, andaluces, galegos e vascos) .

AS MINAS DE FOSFATOS. A referencia máis importante neste eido conduce inevitablemente ás minas de Fos Bucraa, fundadas en 1962 como  Fosfatos de Bucraa (Fes Bucraa), unha empresa mineira radicada no Sáhara español adicada á explotación a ceo aberto de fosfatos nas minas de Bucraa, a uns cen quilómetros de El Aaiún. Inicialmente foi denominada Empresa Nacional Minera del Sáhara (ENMINSA) e pertencía ao Instituto Nacional de Industria (INI).

Após o abandono español do Sáhara, desde 1976 pertence a unha empresa de capital marroquí.

As de Bucraa foron dos maiores xacementos de fosfatos do mundo, de excelente calidade. En once meses foron recoñecidos máis de 2 millóns de hectáreas de terreo, cartografándose unha superficie de 1.275.000 hectáreas de terreo. Tiña unha cinta transportadora de máis de 100 quilómetros de lonxitude pola que se transportaba o fosfato ata o cargadoiro de El Marsa, na costa perto de El Aaiún. Esta cinta internábase no mar tres quilómetros.

A mina de fosfato daba emprego en 1972 a uns 2.000 traballadores dos que 600 eran saharauis. A cinta transportadora dos fosfatos e a súa terminal no Atlántico foron considerados obxectivo preferente nos ataques do Frente Polisario que, en marzo de 1975, secuestrou a un empresario e, en xaneiro de 1976, protagonizou un atentado con bomba.

Outros artigos

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

+

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

+

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.