En Noia avanzan a bo ritmo os traballos para arranxar a Piscina Municipal logo dos estragos de “Herminia”

06 Marzo 2025

O Concello de Noia informou de que os traballos para arranxar os recentes estragos causados pola intensa borrasca do pasado 26 de xaneiro na Piscina Municipal están indo a bo ritmo, e a previsión é que “se todo segue segundo o previsto” nas vindeiras semanas sexa posíbel abrir de novo as portas do inmóbel e poñelo novamente a disposición da veciñanza. O alcalde Santiago Freire e a concelleira Laura Salgado visitaron esta semana o edificio para comprobar o desenvolvemento das tarefas.

Cómpre lembrar que os problemas da Piscina nos que se está a actuar foron causados pola borrasca Herminia que azoutou Galicia (especialmente a costa) con refachos de máis de 120 quilómetros por hora o pasado mes de xaneiro (o día 26, causando numerosas incidencias nunha chea de concellos).

No caso da Piscina Municipal de Noia levou por diante a cuberta e as placas solares. Ao desprenderse a cuberta da estrutura que a suxeitaba os operarios municipais puxéronse mans á obra para apañar todo o material que puidera poñer en risco á veciñanza. Non houbo que lamentar danos persoais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.