Emotiva homenaxe a Marisa Neo Mejuto, que recibe o II Premio Concello de Rois polo 8M

08 Marzo 2025

Recoñece o traballo da que foi mestra en Rois durante máis de 35 anos e promoveu a construción do actual CPI dos Dices
A homenaxeada dedícalle o recoñecemento “ás mulleres rurais de Rois e as mulleres traballadoras, encargadas da casa, do campo e coidadoras dos seus fillos e dos seus maiores”  Nieves Rodríguez e Marcelino Tronceda relatan nun vídeo como Marisa Neo marcou as súas vidas

Emoción e moitos aplausos no auditorio municipal na homenaxe que o Concello de Rois lle rendeu este 7 de marzo a Marisa Neo Mejuto, que recibiu o II Premio Extraordinario do Día da Muller en recoñecemento aos 37 anos de docencia que impartiu no municipio formando a varias xeracións de roisenses, primeiro en Xei e despois nos Dices.
Marisa Neo dedicoulle o premio ás “mulleres rurais de Rois e ás mulleres traballadoras, encargadas da casa, do campo e coidadoras dos seus fillos e dos seus maiores”.

O alcalde, Ramón Tojo, entregoulle a Marisa Neo un cadro feito pola tamén artista roisense Lara Barreiro, e Mercedes Basante deulle un ramo de flores. Antes, durante a lectura do manifesto institucional, a concelleira de Servizos Sociais recoñeceu a “resistencia, a solidariedade e a valentía das mulleres ante os desafíos globais actuais, como a crisis sanitaria, económica e social na que vivimos”.
Antes da entrega do recoñecemento proxectouse un vídeo no que se recolle a traxectoria de Marisa Neo e a súa pegada en Rois. “Intento transmitir aos meus alumnos os valores que ela me inculcou”, asegura Nieves Rodríguez, ex alumna da homenaxeada nos Dices e actualmente profesora no IES de Pontepedriña en Santiago. “Dona Marisa marcou a miña vida moito. Eu fixen BUP, FP e levo trinta anos traballando de administrativo grazas a que
convenceu a máis pais para que me deixaran estudar”, asegura Marcelino Tronceda, outro dos seus ex alumnos.

Nada en Agolada no ano 1945, Marisa Neo incorporouse á docencia no ano 1968 e, tras pasar un ano en Muxía, chegou ao municipio roisense para dar clases en Xei (Buxán) e finalmente en Rois no ano 1976, onde permaneceu ata que se xubilou en 2026. “Fixo un esforzo moi grande, porque en xullo deu a luz a súa primeira filla e, no mes de setembro marchou dar clases a Muxía. Pero grazas a iso, ao ano seguinte puido coller a praza en Xei”, asegura no vídeo o seu marido, Manuel Rey.
Durante os trinta anos que permaneceu no colexio de Rois formou varias xeracións de veciñas e veciños e foi unha das impulsoras da construción do actual colexio dos Dices, no que exerceu os cargos de xefa de estudos e de directora.
No acto Marisa Neo estivo acompañada pola súa familia (un neto entregoulle un ramo de flores) e no mesmo déronse cita moitos ex alumnos e ex alumnas de Marisa Neo, así como mestres e mestras que compartiron etapa con ela no CPI dos Dices. Marisa Neo recibiu moitos aplausos e o agarimo de todas as persoas presentes.


Premios dos concurso de carteis do 8M
Despois do acto, Marisa Neo, xunto con Ramón Tojo e Mercedes Basante, entregaron os premios ao alumnado que gañou o Concurso escolar de carteis do 8M. O espectáculo de Raquel Queizás para público familiar Cinema de historias da man de Alice Guy pechou o acto institucional que organizou o Concello de Rois para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.