Elefante Elegante estrea este sábado en Rianxo a súa obra sobre o esquecemento e a soidade: “Kyoki”

18 Marzo 2025

A Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal de Rianxo acolle este sábado 22 de marzo a representación dunha función para a rapazada: Kyoki, de María Torres e Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante Teatro). Será ás 19.00 horas, con entrada libre até completar a capacidade (a retirada de convites poderá facerse dende unha hora antes do comezo da función). A peza é axeitada para público de máis de cinco anos.

Trátase dun espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.

Kyoki é un espectáculo que xoga co significado do termo en xaponés, “demencia”, e que designa en termos xenéricos unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. Na peza de Elefante Elegante convídase ao público a reflexionar na teima de relacionar a demencia coas persoas idades, pero “quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas?” ou “quen non vestiu algunha vez o xersei do revés”?

Kyoki é unha ollada cómplice, reflexiva e sensíbel ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.