Ecoloxistas en Acción e Greenpeace entran na sede da Xunta en Vigo para mostrar o seu rexeitamento e Altri e mobilizar á cidadanía na concentración da Pobra deste sábado 22

18 Marzo 2025

Activistas de Ecoloxistas en Acción e Greenpeace amosaron este martes 18 de marzo na sede da Xunta de Galicia en Vigo o seu rexeitamento á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel á instalación da fábrica de celulosa de Altri/Greenfiber en Palas de Rei. Con carteis nos que se lía Altri Non, as organizacións esixiron por rexistro á Xunta de Galicia que “dada a gran controversia social xerada no país e ás enormes dúbidas que existen sobre a limpeza do proceso de avaliación ambiental, faga públicos xa os informes sectoriais nos que se cimenta a viabilidade da planta na DIA”.

Segundo as ONG, a DIA favorábel a Altri “non causou sorpresa, por canto a Xunta de Galicia leva estendendo unha alfombra vermella á empresa dende que Nuñez Feijoó anunciara o mesmo en 2022, malia que daquela o proxecto difería moito do actual e se agachou á mantenta a fabricación masiva de celulosa”. Porén, sinalaron, “trátase dunha DIA que parece máis un libro de instrucións para meter a calzador a fábrica na Ulloa que para garantir a súa viabilidade ambiental, afirman as organizacións”.

“Chamamos ao pobo galego á mobilización permanente en todas as vilas do país. Esta DIA favorábel para a macrocelulosa non é, nin moito menos, o final do proceso, aínda quedan trámites administrativos e tamén o percorrido nos xulgados se o proxecto é finalmente autorizado. Imos dar a batalla nas rúas e onde sexa necesario”, declaran desde as organizacións ecoloxistas, engadindo que “sen fondos públicos Altri nunca será unha realidade, por iso é moi importante que o Goberno central teña presente o rexeitamento social masivo que xerou este proxecto de celulosa. A sociedade galega non entendería que se financiase esta barbaridade con fondos públicos”.

Finalmente, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace animan ás galegas e galegos a acudir masivamente o sábado 22 de marzo á manifestación en defensa da ría de Arousa, convocada na Pobra do Caramiñal ás 12:00 horas, para amosar o seu rexeitamento á macrocelulosa e esixir á Xunta a que rectifique.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.