Continuarán este luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de dez municipios das catro provincias, entres eles Noia e Muros

09 Marzo 2025

Continuarán estas tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Ordes, Cee, Noia, Muros, Vilalba, Xermade, Maceda, Castrelo de Miño, Moaña e Cangas

A Xunta continuará este luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de nove estradas autonómicas, ao seu paso por dez municipios das catro provincias.

Na provincia da Coruña continuarán os traballos iniciados nas pasadas semanas nas marxes das estradas na AC-413, no municipio de Ordes; na AC-400, no concello de Muros; e na AC-550, no seu percorrido polos concellos de Cee, Noia, e tamén Muros.

Tamén continuarán esta vindeira semana os traballos de roza na autovía Ferrol-Vilaba (AG-64), no tramo da provincia de Lugo que comunica Vilalba e Xermade.

Ademais, proseguirán as tarefas en execución nas vías da provincia de Ourense, OU-101 e OU-104, nos seus percorridos polo concello de Maceda; e na OU-402, en Castrelo de Miño.

Na provincia de Pontevedra, seguirá avanzándose nas labores de limpeza e roza nas marxes na autovía AG-4.6, e en distintos tramos da vía de alta prestacións CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas.

Seguridade viaria

Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

As actuacións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta cun investimento total de 4 M€ para este e o vindeiro ano.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.