Boiro “viaxa” este sábado a Santiago para asistir á función “A burra, a mesa e o pau” do Centro Dramático Galego

21 Marzo 2025

Boiro é un dos concellos da nosa comarca que vai participar na iniciativa Sobes ao autobús do teatro?, iniciativa de mobilidade impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) para facilitar a presenza de público de fóra de Santiago nas representacións da agrupación no Salón Teatro de Compostela. Desta volta, está programada unha saída dende o parque da Cachada de Boiro (fronte á Casa da Cultura) para asistir á función A burra, a mesa e o pau, será este sábado de marzo ás 16.00 horas (o inicio da función é ás 18h). As entradas achéganse a un prezo especial de 5 euros. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura de Boiro. Quen precise máis información sobre esta saída teatral pode solicitala no teléfono 981 84 84 25.

O Centro Dramático Galego ofrecerá até o 20 de abril, no Salón Teatro de Santiago, cinco funcións de A burra, a mesa e o pau. A montaxe, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, conta cun elenco de 15 actores e actrices que integran Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar para dar vida a unha proposta escénica ideada como unha fábula arredor dunha familia obreira galega desexosa de atopar solucións máxicas para saír da súa precariedade.

A burra, a mesa e o pau dispón de interpretación a lingua de signos, subtítulos para os dispositivos móbiles, programa de lectura fácil e, nas sesións descontraídas dos mércores, o acondicionamento especial da sala. Con esta función consolidouse a campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?, que facilita servizo gratuíto de autocares para ver o espectáculo e á que xa se sumaron 65 concellos das catro provincias, incluído o do Boiro.

T

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.