Amicos responde ante os rumores e manifesta o seu compromiso co futuro

26 Marzo 2025

Nos últimos días, diversas manifestacións e comentarios puxeron no punto de mira á entidade Amicos. Ante esta situación, a organización quere expresar o seu máis sincero agradecemento polas innumerables mostras de apoio recibidas por parte de pais, socios e institucións.

Para aclarar a realidade dos traballadores da entidade, Amicos achega unha declaración manuscrita do propio persoal, reflectindo a súa postura e compromiso coa institución, saíndo asi o paso da convocatoria da concentración feita pola CIG contra di o sindicato “represión e acoso laboral”. O equipo subliña a súa firme vontade de seguir “Construíndo futuro”, en palabras recollidas na súa propia manifestación.

Ademais, a dirección de Amicos e o Comité de Empresa recordan que as portas da organización están sempre abertas para resolver calquera dúbida ou consulta, reiterando a súa transparencia e disposición ao diálogo.

Concentración de persoal e amkigos de AMICOS en apoio á entidade

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...