Agoraphobia lanza ese xoves “Fck you Tony”, unha alegación contra a tiranía da ambición baleira e a superficialidade

26 Marzo 2025

A banda boirense de indie-rock Agoraphobia volve bater forte nas redes. Logo do lanzamento o pasado 13 de febreiro do tema adianto do seu novo traballo discográfico, Eyes Never Lie (Ollos nunca menten), este xoves 26 agasallan aos seus seareiros cun novo tema: Fck you Tony, que pon en relevo a obsesión polo éxito e as aparencias impostas por unha sociedade saturada polo ruído dixital.

En palabras das mozas que integran a banda (Susana, Sabela, Paula e Lucía), este novo single álzase como “unha crítica directa ás imposicións dunha sociedade saturada polo ruído dixital e a procura constante de validación externa”. Cunha narrativa contundente e a súa xa característica intensidade, Fck You Tony é un berro de independencia, unha declaración de que o único camiño válido é o da identidade propia.

Producido por Iago Lorenzo, Fck You Tony reforza a mensaxe da banda que dá espazo á liberdade creativa e aos ritmos vitais que marcan un devir máis pausado para a exploración na composición e consolida o camiño cara ao seu próximo traballo discográfico, que promete ser un antes e un despois na súa carreira.

A banda proximamente publicará o videoclip do devandito tema que vén da man do recoñecido artista multimedia Azael Ferrer, e que experimenta coa transformación aos que nos vemos sometidos pola presión da sociedade capitalista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.