Adxudicados os traballos de mantemento e conservación na ponte da Illa de Arousa

13 Marzo 2025

A Xunta adxudicou hoxe traballos de mantemento e conservación na ponte da Illa de Arousa, na estrada autonómica PO-307, que une este municipio co concello de Vilanova de Arousa.

A intervención, adxudicada á empresa Tecon  S.L. por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Baixo o contrato, trátase de realizar unha actuación de conservación nos apoios das pilas. En concreto, esta obra se executará baixo esta ponte, situada entre os puntos quilométricos 2+642 e 2+2622 da PO-307, polo que non afectarán ao tráfico rodado ou peonil que discorra pola estrada autonómica.

Esta actuación da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, forma parte do programa que leva acabo a Axencia Galega de Infraestruturas, de inspección de estruturas e obras de paso da Xunta. Neste caso, a última inspección foi realizada neste pasado ano 2024.

En concreto, os traballos a realizar inclúen a substitución dun aparato de apoio de neopreno no estribo 2, e a recolocación doutro na pila 38. Para iso, é necesario a colocación de medios de acceso, montar de equipos de gateo para realizar un levantamento controlado do taboleiro, proceder á recolocación ou substitución do neopreno e aproveitar para realizar saneos puntuais do formigón, e finalmente realizar o descenso controlado do taboleiro. Tamén se prevén pequenas actuacións no taboleiro e nos vanos da ponte.

Cómpre lembrar que a ponte da Illa de Arousa, construída entre os anos 1982 e 1985, foi obxecto dunha profunda reparación entre os anos 2010 e 2015 para corrixir os danos orixinados polos cloruros de orixe mariño e garantir a durabilidade da ponte durante a súa vida útil, que se viu incrementada durante 50 anos cun correcto sistema de inspección e mantemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.