A veciñanza de Noia poderá mellorar a súa empregabilidade con formación gratuíta en competencias dixitais

07 Marzo 2025

O Edificio Administrativo do Antigo Matadoiro do Concello de Noia vai dar acollida este mes de marzo a un curso formativo en competencias dixitais ao servizo de veciñanza, destinado a incrementar a empregabilidade da poboación e a reducir a fenda dixital que separa a poboación máis afeita a empregar dispositivos e programas informáticas da que non o está. A formación, que é gratuíta, está destinada a persoas dadas de alta en EmpregoGalicia. Haberá tres niveis dispoñíbeis: básico, intermedio e avanzado. Unha vez superada a formación as persoas participantes recibirán unha computador portátil de agasallo.

Haberá unha reunión informativa o 10 de marzo ás 12.00 horas no Edificio Administrativo do Antigo Matadoiro (rúa Espírito Santo, 4). A vertente de nivel básico comezará o 20 de marzo e remata o 3 de xuño, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O Concello de Noia colabora nesta iniciativa xunto a outras entidades para achegar formación dixital á cidadanía. Máis información na web de Dixigalizate.

Imparten Ara Formación e BeProject Consultores, coa colaboración do Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.