A USC achega en Noia media ducia de formacións encadradas programa para maiores Camiños de Coñecemento e Experiencia

20 Marzo 2025

Un ano máis, o Concello de Noia e a Universidade de Santiago poñen en marcha unha nova edición das xornadas gratuítas Camiños de Coñecemento e Experiencia, encadradas no programa do IV Ciclo da USC e orientadas a formar en diversas materias históricas, culturais ou ambientais ás persoas dos concellos de máis de 50 anos. Segundo explican dende o Consistorio de Noia, as charlas desenvolveranse no Edificio do Casino, en horario de 16.30 a 18.00 horas, ofrecendo “unha oportunidade única para aprender e compartir experiencias”. As inscricións estarán abertas ata o 31 de marzo no primeiro andar da Casa do Concello.

O programa comeza o 1 de abril pola tarde co seminario Historia da fotografía: unha viaxe dende a cámara escura até a area dixital, a cargo de Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e colaboradora do Programa Universitario de Maiores da USC. A axenda prosegue o 2 de abril e o 3 de abril coas súas entregas do relatorio Participación social e comunitaria, para que?, a cargo de Iván García, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores da USC. O 4 de abril celebrarase un obradoiro práctico sobre Historia da fotografía, a cargo de Katia Cino; e o 8 de abril será a quenda dunha xornada sobre Especies arbóreas do Barbanza a cargo da profesora Blanca Fraga, que repetirá ao día seguinte, 9 de abril.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.