A Deputación reivindica neste 8M os dereitos das mulleres migrantes

07 Marzo 2025

No marco das celebracións deste 8M, Día Internacional da Muller, o Circo de Artesáns (A Coruña) serviu de escenario este venres 7 de febreiro ás xornadas Retos e resistencias das mulleres migrantes, que tiveron a finalidade de mostrar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso e a deputada de igualdade, Sol Agra, foron os encargados de inaugurar o encontro, onde destacaron “o compromiso da entidade provincial coa igualdade real e efectiva entre homes e mulleres os 365 días do ano”.

“Soñamos co día no que o 8M recordemos que a loita das mulleres durante décadas logrou a igualdade plena e efectiva de dereitos na sociedade de progreso, pero a pesar dos enormes avances aínda hai moito traballo por facer” sinalou o presidente, que tamén destacou “a visión tan aberta” do departamento de igualdade “tendo en conta outras realidades” como a das mulleres migrantes”.

Pola súa banda, a deputada de igualdade fixo referencia á “tripla discriminación” que sofren as mulleres migrantes, “por xénero, procedencia e situación socioeconómica” e expresou que a Deputación da Coruña “é esa administración aliada que promove iniciativas os 365 días do ano para fomentar a igualdade real en todos os estamentos da sociedade”. Por iso, “este ano quixemos poñer o foco na discriminación que sofren as mulleres migrantes para visibilizar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración e no exercicio pleno dos seus dereitos”. A través desta xornada “queremos dialogar e reflexionar sobre as experiencias, desafíos e estratexias de resistencia das mulleres migrantes na nosa sociedade”.

Tralas intervencións institucionais deu comezo o encontro, coordinado pola entidade Yarama Africa, que deseña e desenvolve proxectos sociais e culturais cun importante transfondo social sobre feminismo, antirracismo e compromiso social, cun primeiro relatorio sobre violencias invisíbeis a cargo de Edith Espínola, activista antirracista e defensora dos dereitos para as traballadoras do fogar e coidados, portavoz de SEOAC e do movemento RegularizaciónYa. Posteriormente, continuaron os relatorios sobre interseccionalidades, diversidade étnica e de xénero con diferentes activistas como Quinndy Akeju, Soledad Lucero, Jeane Costa e Gabriela Frías, rematando co monólogo antiracista e afrofeminista de Asaari Bibang.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.