A Deputación da Coruña informou que cincuenta e cinco municipios coruñeses repartirán os 792.039 euros que a institución provincial investirá no programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante 2025. Os beneficiarios recibirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.
Nos concellos do Barbanza beneficiados estariamos a falar de arredor de 153.300 euros
“Con esta liña de axudas seguimos a reforzar a capacidade dos concellos para ofrecer un servizo turístico de calidade, garantindo durante todo o ano unha atención profesionalizada que contribúa á promoción dos nosos recursos naturais, culturais e patrimoniais, mellorando a experiencia dos visitantes e fortalecendo o sector en toda a provincia”, destacou o vicepresidente Xosé Regueira, subliñando que o programa de subvencións “responde a un compromiso coa equidade territorial, xa que facilita que mesmo os municipios con menos recursos poidan competir nun sector clave para a economía provincial”.

“Co programa DP0029”, rematou, “non só garantimos servizos turísticos de calidade, senón que tamén favorecemos a creación e consolidación de postos de traballo. Apostamos por un turismo xestionado de forma profesional e sostible, con información accesible e adaptada ás necesidades de cada territorio”.
A relación dos concellos beneficiarios pode consultarse e descargarse no BOP do 14 de marzo.
Subvencións aos concellos do Barbanza e contorna
A Pobra do Caramiñal. 18.336,26€.
Boiro. 19.562,04€
Muros. 17.819,37€
Noia. 15.031,11€
Outes. 12.939,91€
Padrón 18.089,50€
Porto do Son 15.431,82€
Rianxo 15.960,53€
Ribeira 20.000€



