A Audiencia Provincial desestima o recurso de Suma Ribeira sobre a contratación dun técnico urbanístico

11 Marzo 2025

A Audiencia Provincial decidiu desestimar o recurso de apelación presentado por Suma Ribeira contra o auto do 30 de agosto de 2024, emitido polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, confirmando as súa resolución.

Suma Ribeira decidiu interpor a querela debido ao seu reiterado rexeitamento á contratación directa dun aparellador por parte do alcalde para a realización de informes urbanísticos. A formación denunciou que esta contratación se prorrogou anualmente de maneira irregular, malia contar con informes desfavorables da Secretaria e da Intervención Municipal. Consideraban que esta práctica era inaceptable e constituía unha presunta ilegalidade grave.

A resolución da Audiencia Provincial salientou varios puntos clave:

  • O Xulgado de Instrución deixou transcorrer o prazo de doce meses para tramitar a investigación sen acordar a tempo a súa prórroga, o que impediu continuar co solicitado no recurso de apelación. Esta circunstancia, segundo a resolución, afectaría e beneficiaría ao exalcalde, agora aforado.
  • A pesar deste feito, a Audiencia decidiu entrar no fondo da cuestión e concluíu que “non pode considerarse delictivo orillar a estrita legalidade ante as consecuencias que o estrito seguimento desta podería xerar ao servizo público”. A defensa argumentou que o servizo de urbanismo estaba colapsado.
  • A resolución indica que, malia recoñecer a situación como irregular, a xurisdición penal debe reservarse para casos onde se vulneren de maneira notoria os principios constitucionais de imparcialidade, igualdade de oportunidades e legalidade na Administración.

Desde Suma Ribeira, acatando a resolución da Audiencia, insisten en que non corresponde a un concelleiro da oposición confiar en que a contratación irregular dun técnico sen seguir os principios de transparencia, imparcialidade, mérito e capacidade garanta a mesma obxectividade e imparcialidade que se se realizase a través dun procedemento regulamentado.

Por último, consideran que o uso adecuado dos mecanismos legais dispoñibles permitiría que a información técnica na que se basean as decisións municipais fose, ademais de independente e imparcial, percibida como tal pola cidadanía.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.