Venres 28, ceos con alternancia de nubes e claros e temperaturas sen cambios. Entroido con tempo seco e sol

27 Febreiro 2025

Galicia permanecerá este venres baixo a influencia dun anticiclón, cunha circulación marcada do nordés. A xornada comezará con bancos de néboa en zonas do interior, que se disiparán para dar paso a ceos con alternancia de nubes e claros. No extremo norte, a nubosidade será máis persistente, con posibilidade de orballos.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, pero con refachos fortes no litoral norte.

Os próximos días seguirá o tempo seco con sol.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.