UFD retira o centro de transformación aéreo do dique de Noia, permitindo a recuperación dun espazo público

26 Febreiro 2025

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 85.000 euros para retirar o centro de transformación aéreo no dique (malecón) de Noia e reordenar toda a rede de distribución en baixa tensión na contorna, o que permitiu, en palabras da operadora galega, “eliminar o impacto visual da instalación eléctrica e mellorar o servizo na zona”. Con este retranqueo do transformador, a distribuidora eléctrica quixo “reafirmar o noso compromiso con Noia, xa que era unha demanda dos veciños”.

O delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron este mércores 26 de febreiro o peirao de Noia, onde se retirou recentemente o centro de transformación, acompañados pola concelleira de Urbanismo e Obras, Laura Salgado, e a xefa de Operacións na zona de Noia, Soraya Morais.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “a retirada do transformador do dique de Noia cumpre co compromiso da distribuidora eléctrica cos veciños da zona. A actuación elimina o impacto visual na paisaxe, pero tamén permite a recuperación dun espazo público para Noia.”

Para o alcalde de Noia, Santiago Freire, “esta actuación supón unha mellora moi significativa no aspecto estético do malecón, ao eliminar o impacto paisaxístico que suponía o transformador aéreo e os postes sobre os que se sostiña”.

Desde o Consistorio tamén agradeceron os investimentos que está a realizar UFD en distintos puntos do termo municipal, “valorando moi positivamente a colaboración entre ambas as entidades e o compromiso e implicación da responsábel de UFD na zona”.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

Antes da intervención

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia da Coruña preto de 24.500 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 10.300 centros de transformación e dá servizo a 731.000 puntos de subministración. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de máis de 61.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.

A distribuidora eléctrica investiu 206 millóns en 2024 na dixitalización e mellora da súa rede e infraestruturas en Galicia. Só nos últimos cinco anos, o investimento de UFD alcanzou os 800 millóns de euros para reforzar as súas infraestruturas en Galicia, co foco posto na mellora da calidade de servizo aos seus clientes.

Despois da intervención de Naturgy

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.