Todo o que precisamos saber sobre a factura electrónica, nunha xornada da Cámara de Santiago e Noia Histórica

12 Febreiro 2025

A vindeira semana teremos unha nova oportunidade para familiarizarnos coa facturación electrónica e coas medias legas activas en España para garantir a seguridade nas transacción e nas operacións. A xornada, convocada en formato online e en colaboración coa oficina Acelera Peme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica, celebrarase o 19 de febreiro, a partir das 10:00 horas baixo o epígrafe O último sobre a factura electrónica en España: Lei Antifraude (Veri Factu) e Lei Crea e Crece.

Nesta sesión profundarase nos cambios lexislativos que afectan á facturación electrónica e como as pemes (pequenas e medianas empresas) poden adaptarse ás novas exixencias. Os participantes coñecerán, da man de Daniel Cerqueiro, CMO (director de mercadotecnia) de Docuten, empresa galega especializada en sinatura dixital e facturación electrónica, os detalles da nova Lei Antifraude, que introduce a obrigatoriedade da factura electrónica en determinadas operación, e a Lei Crea e Crece, que facilita a dixitalización e a xestión empresarial.

Licenciado e doutor en Ciencias Físicas, Cerqueira leva dende 2004 adicándose ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A súa principal ocupación é ser responsábel de marketing en Docuten, pero ademais é un dos promotores principais da iniciativa Startup Galicia e realiza de xeito continuo actividades formativas relacionadas coa transformación e o emprendemento.

Esta xornada, como boa parte das que organiza a Cámara de Santiago, está deseñada para proporcionar aos empresarios os coñecementos necesarios para ampliar coas normativas legais e optimizar a xestión do seu negocio no entorno dixital. A actividade é de balde e telemática, previa inscrición na web da Cámara, e está aberta a todas as pemes e persoas autónomas interesadas en mellorar a súa competitividade e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e regulamentarios.

A xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital (Red.es) da Cámara de Santiago, en colaboración coa patronal de Noia: Noia Histórica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.