O Entroido de Rois terá un dos seus puntos culminantes o vindeiro sábado 1 de marzo, co Concurso de Entroido do Concello, edición 2025, cuxo prazo para presentación de participantes remata este venres 14 de febreiro (cubrindo o formulario dispoñíbel na web municipal no apartado de xestións e trámites ou nas ligazóns específicas habilitadas para os disfraces e para as comparsas). Será, en palabras do Concello, unha “animada festa do Entroido” que incluirá un desfile dende a Casa Consistorial ao Pavillón de Deportes, concursos, merenda e baile co Dúo Reflexos.
O certame inclúe dúas categorías principais: por unha banda a modalidade de disfraces (individual, parella ou trío, con tres modalidades -infantil individual, individual de 12 anos ou máis e parella trío- e con premios para os primeiros clasificados) e pola outra de comparsas (con tres modalidades: infantil de 4 a 12 membros, comparsa de 4 a 12 membros e comparsa de 13 membros ou máis, con premios para os primeiros clasificados). Máis información e bases do concurso na web municipal. Organiza o Concello en estreita colaboración coas asociacións veciñais de Rois.




