Portos mellorará a iluminación da dársena de Cabo de Cruz con alumeado LED ao longo deste primeiro semestre

25 Febreiro 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo este 25 de febreiro un encontro de traballo co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para abordar asuntos de interese do municipio. Na xuntanza, o responsábel autonómico trasladou ao rexedor que Portos de Galicia ten previsto para este primeiro semestre a mellora da iluminación do porto de Cabo de Cruz mediante a instalación de sistemas de alumeado LED para crear espazos máis eficientes no consumo enerxético e aumentar a súa competitividade que permitirá un aforro enerxético de ata o 60%. Segundo explicou, “esta actuación na que se investirán 133 mil euros no municipio de Boiro, está enmarcada no plan de modernización dos sistemas de alumeado de 26 portos de titularidade autonómica que está dotado con 3,8 millóns de euros”.

O conselleiro, acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, tamén deu conta do estado doutras actuacións previstas pola Consellería do Mar no municipio coruñés como “a rampla de varada que tamén dará servizo ao club de remo da localidade que se atopa parada á espera do preceptivo informe de Costas do Estado desde xullo de 2024”, sinalou, engadindo que en datas vindeiras está previsto sacar a concurso as naves portuarias baleiras de titularidade autonómica para poñelas a disposición do sector e, de non espertar interese, poñelas en mans do Concello.

Alfonso Villares tamén tratou co primeiro edil de Boiro a tramitación dos procesos de reversión dos terreos portuarios declarados innecesarios para a actividade portuaria. Nesta liña, o Concello ten previsto trasladar a Portos de Galicia a solicitude para dar inicio á tramitación, en liña co que se está a facer con outros concellos da comunidade. Explicou que estes procesos seguen os criterios técnicos acordados e ratificados previamente polo Goberno galego coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en base aos cales a Xunta proporá devolver ao Estado os terreos declarados innecesarios situados actualmente en dominio público portuario para a súa posterior transferencia ao Concello.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.