Padrón conmemorará o 8M fomentando as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mozas

25 Febreiro 2025

O Concello de Padrón volve reivindicar o papel das mulleres cunha programación especial para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) deseñaron unha serie de “actividades abertas á participación de toda a veciñanza” co obxectivo de “fomentar a igualdade e poñer en valor a contribución feminina en distintos ámbitos”, incluídos os ámbitos científicos e tecnolóxicos.

O programa comezou a desenvolverse xa este domingo 23 de febreiro cun Curso de Defensa Persoal no Pavillón do Souto no que as mulleres participantes aprenderon técnicas fundamentais para fortalecer a súa seguridade e confianza. Esta actividade contou coa participación da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais Mariló Saco.

Ademais, durante todo o mes de marzo, levaranse a cabo actividades de sensibilización nos centros educativos do municipio a través da figura de Florence Nightingale, destacada enfermeira e estadista británica coñecida por ser a primeira teórica na área da enfermaría, ser a fundadora e nai da enfermaría moderna e unha recoñecida reformadora social.

O venres 7 de marzo, a cativada de 9 a 14 anos poderán participar no obradoiro De Maior Quero Ser na Aula CeMIT, unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de oportunidades desde a infancia. A través de historias inspiradoras de mulleres referentes en STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas), as nenas e nenos aprenderán sobre creatividade, resolución de problemas e traballo en equipo, participando en retos interactivos. As inscricións están abertas ata o 3 de marzo.

A xornada central do 8 de marzo contará cun programa especial. Ás 11:00 horas inaugurarase o Mercado Voces Delas na praza de Baltar, un espazo onde as mulleres emprendedoras poderán expoñer e vender os seus produtos. Ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a lectura do manifesto institucional do 8M, seguido dun concerto do grupo Catro Cores e un breve coloquio. Como peche, terá lugar a entrega dos Premios Rumorosas 2025, co que se recoñece a traxectoria de mulleres padronesas que destacan polo seu compromiso social e profesional.

O domingo 9 de marzo, o Mercado Voces Delas volverá abrir ao público na praza de Baltar, en horario de 10:00 a 15:00 horas.

As propostas continuarán ata o xoves 14

As actividades para conmemorar o 8M continuará o martes 11 de marzo cunha sesión formativa sobre Ferramentas dixitais para a procura de emprego, que se impartirá na Aula CeMIT de 18:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 7.

O xoves 13 de marzo proxectarase no Auditorio Municipal o documental O Proxeneta coa presenza da súa directora e escritora, Mabel Lozano, que participará nun coloquio sobre trata e explotación sexual.

A programación concluirá o xoves 14 de marzo cunha nova sesión formativa sobre Ferramentas dixitais, neste caso centrada na xestión e comunicación, que terá lugar na Aula CeMIT de 18:00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar nas actividades da Aula CeMIT deberán inscribirse no cim@padron.gal ou no teléfono 611 003 472 en horario de mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.