Os empresarios de Ribeira urxen ao Concello a acelerar a compra de dúas parcelas que darían impulso definitivo ao novo polígono

26 Febreiro 2025

A directiva da Asociación de Empresarios de Ribeira, encabezada polo seu presidente, Francisco Martínez Gude, mantivo este mércores 26 de febreiro unha xuntanza de traballo co alcalde, Luís Pérez Barral, e outros representantes do Concello e dos distintos grupos políticos que conforman o Executivo local. Durante o desenvolvemento da reunión abordáronse cuestións inherentes ao proxecto do novo polígono industrial, o Polígono de Pedras Vermellas, situado en Palmeira. A patronal instou ao Concello a materializar a compra dunhas parcelas situadas no municipio lindeiro da Pobra do Caramiñal, que son, segundo a asociación, “indispensábeis para a continuidade do expediente do polígono”. A entidade empresarial reclamou ao Executivo ribeirense que xa que as negociacións están xa rematadas nun caso e case noutro, sexa levada a cabo a compra e “se proceda ao necesario trámite de rexistralas para poder así avanzar e dar paso á licitación das obras”.

Na xuntanza tamén se abordou a cuestión da variante, o proxecto de circunvalación de Ribeira, e ao abeiro deste proxecto a patronal solicitou ao Concello que faga público o estudo da alternativa que “puidese, ou non, ser factíbel de realizarse con outro trazado, para unha vez coñecedores do contido do mesmo, solicitar da Xunta que dote de orzamento e continuar coas obras desta vía”.

Para ambos os asuntos, así como outros tratados, o equipo de Goberno comprometeuse en resolver coa maior celeridade estes expedientes. Pola parte da asociación de empresarios, o presidente declarou que “coma noutras ocasións manifestamos ao Concello a nosa disposición en colaborar para que dunha vez por todas poidamos ver estas obras en marcha”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.