
Os bombeiros do parque provincial de Boiro desprazáronse sobre as 10.00 horas ata a AG11, no concello de Ribeira, para colaborar nas tarefas de excarceración e limpeza da vía despois de que un vehículo se saíra da estrada e chocase co garda raíl. Ao sinistro acudiu unha dotación sanitaria do 061, Gaen, Policía Local e Garda Civil. O ferido foi trasladado ao Hospital cunha perna e unha man fracturadas.



