Os alcaldes de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinan un manifesto para solicitar a ampliación da zona libre de peaxes da área de Santiago ata Padrón

25 Febreiro 2025

Blas García, alcalde de Ames; Anxo Arca, alcalde de Padrón; Xavier Castro, alcalde de Dodro; Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; José Ramón Romero, alcalde de Boiro; José Carlos Vidal, alcalde da Pobra; e Luís Antonio Pérez, alcalde de Ribeira; asinaron este 25 de febreiro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) un manifesto dirixido ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel reclamando a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio e os Concellos afectados directamente polas tarifas da AP-9, que teña como obxectivo final “a gratuidade da mesma”.

Solicitan ao Ministerio que realice un estudo e determine un calendario para unha liberalización en fases da AP-9; e que se analice a posibilidade de ampliar a zona libre de peaxes da área de Santiago ata Padrón, facilitando o enlace gratuíto da AP-9 e a AG-11. Insisten no manifesto “na importancia de abordar esta situación dende unha perspectiva municipalista, apartidista e dende un punto de vista realista, poñendo ás persoas no centro do debate e articulando un plan en varias fases que teña como obxectivo final a gratuidade da autoestrada do atlántico”.

O alcalde de Ames, Blas García, foi o encargado de tomar a palabra en primeiro lugar en representación do grupo dos sete Concellos que crearon unha fronte común co obxectivo de reclamar a gratuidade da AP-9. Blas García dixo que “isto xorde dunha proposta feita polo Concello de Ames e á que se foron unindo os Concellos de Padrón, Dodro e mailo Concellos do Barbanza. O que pedimos é fundamentalmente dúas cousas; a primeira é que se nos teña en conta aos Concellos á hora de falar da liberalización ou gratuidade da AP-9, e por outro lado, pedimos que esa liberalización se faga dunha vez se é posible, e se non, que se comece polo tramo da peaxe de Padrón”.

O rexedor amesán continuou dicindo: “As razóns son obvias, a comarca do Barbanza é unha peza fundamental da comunicación coa capital de Galicia e a maioría de coches que pasan por Padrón, Dodro e O Milladoiro, son vehículos que, no caso de ter liberada a peaxe, seguramente non cruzarían os nosos núcleos urbanos xa que son de fóra dos nosos respectivos concellos. Os datos que temos reflicten que só un terzo dos vehículos que cruzan O Milladoiro son desta localidade, o resto son vehículos que proceden de fóra. Dentro da política de humanizacións que se está acometendo, que ademais se recomenda por parte do Goberno central e de Europa, que mellor para favorecer esas humanizacións que dispor dunha AP-9 libre de peaxes”.

En representación dos Concellos do Barbanza interviu o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, que subliñou “a pesar de que a AP-9 non pase polo Barbanza, aos cidadáns e ás empresas da zona cáusanos unha serie de prexuízos, entendemos que no caso de que se revertera a situación, melloraría moito a nosa posición estratéxica e a competitividade das nosas empresas. Ademais o uso da estrada nacional causa diferentes problemas nos municipios e tamén supón un risco para os propios usuarios por temas de seguridade, xa sexa por deterioro ou por puntos perigosos da estrada”.

Manifesto vivo e aberto
Este é un documento “vivo e aberto”, sinalaron, engadindo que é susceptíbel de cambios e que permite a adhesión de todos aqueles Concellos que compartan esta nova abordaxe para a liberalización da autoestrada AP-9.

Blas García asegurou que con esta xuntanza “buscamos que todos aqueles Concellos que apoien a nosa proposta, que é a liberalización da AP-9 e crear unha mesa na que teñamos participación os Concellos, poidan sumarse a ela, sexan da provincia da Coruña ou de Pontevedra, porque é importante a unión entre nós”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.