“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

15 Febreiro 2025

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois de
varios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.
Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor, do
mellor viño, do peixe mellor e, se era o caso, daquilo que os outros non coñecían, do que
escaseaba nas mesas de xente normal.
El era experto en case todo, incluso, escribindo era especialista no “copia e pego”. Era autor
de varios manuais desta materia feitos coa mesma técnica. No falar non tiña cancelas e a
súa mirada arrancaba da indiferenza, con actitude sempre prepotente.
Gustáballe que o consideraran como arrogante e espléndido distribuidor de praceres, pero
non o conseguía por mor da súa ruín e miserable condición de persoa remisa. Vaiche boa,
Vilaboa! Estaba condicionado (poida que maltratado) pola avaricia. Todo lle quedaba
pequeno, o moito tamén lle era pouco. Insoportable, compañeiro de andares, de
aspiracións e soños. Aí te quedas, amigo, amarrado a esa esquina, xunto do farol,
faroleando.
Francisco de Quevedo conta a Historia e vida do gran amarrado. A literatura clásica está
repleta de casos deste tipo, de contos de avaros e mesquiños personaxes que existiron na
realidade e seguen existindo hoxe na mesma realidade, no día a día, no recuncho máis
próximo da amizade.
Honoré de Balzac, naquela súa novela da terceira década dos século XIX, Eugénie Grandet,
pon a atención en algo moi importante, en como a avaricia é quen de destruír a vida dun
determinado grupo da sociedade e, naturalmente, como destrúe a convivencia e a necesaria
harmonía entre os individuos, aínda que sexan de pareceres distintos. Moitos outros
escritores clásicos centraron parte da súa atención e tempo neste tema dos apañados.
Poida que sexa unha enfermidade e, probablemente, sen cura. Esas persoas que teñen
medios e non pagan nunca son diferentes ao común dos mortais. Está no fío da navalla, a
punto de cortarse e a piques de embarrancar o navío que transporta as inquedanzas
daqueles que non sacan a carteira do peto. A Tía Manuela, diante destes casos, é
contundente: “Xunto de min, di, quero que sexan todos iguais, en obrigacións e en
dereitos”.
Non estaría por demais reler El avaro de Molière, aquela comedia na que “polo que vexo,
mestre Santiago, pagan mal a túa franqueza”.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.