O Concello de Porto do Son achega este mes de febreiro unha formación gratuíta sobre prevención e rehabilitación de lesións de xeonllo. A actividade, que vén da man da Área de Deportes en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade), é de carácter gratuíto e está dirixida a persoal educativo e deportivo, adestradores, deportistas e cidadanía interesada na práctica do deporte en xeral. O curso terá 4 horas de duración e será impartido polo experto Pablo Martínez Fernández. Desenvolverase o vindeiro 26 de febreiro pola tarde, en horario de 16:00h a 20:00 horas, no Viveiro de Empresas de Porto do Son. As inscricións estarán abertas até o 17 de febreiro a través de formulario web, no correo jose.pazo@portodoson.gal. As prazas son limitadas. Máis información sobre o curso na web municipal de Porto do Son.




