O presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia manterá reunións periódicas coas entidades que apoian a ruta

28 Febreiro 2025

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia, Santiago Freire Abeijón, está a celebrar reunións con representantes de asociacións, entidades e colectivos implicados na promoción e desenvolvemento desta ruta xacobea. O primeiro deles tivo lugar a principios desta semana no salón de plenos da Casa Consistorial noiesa a petición dos colectivos presentes, interesados en coñecer de primeira man os obxectivos da nova xunta directiva da Asociación.

Santiago Freire agradeceu a iniciativa das entidades presentes e puxo en valor “a importancia de manter un contacto estreito e continuo que nos permita coñecer as súas propostas e inquedanzas para así poder seguir avanzando xuntos na promoción do Camiño da Ría Muros Noia”. Por iso, anunciou que se manterán máis reunións deste tipo e animou tamén a abrilas a máis colectivos.

Durante esta xuntanza, Freire Abeijón informou aos presentes sobre os avances realizados en materia de sinalización e balizamento do Camiño nos nove municipios polos que discorre, así como sobre os traballos de restauración ambiental e paisaxística acometidos en distintos tramos da ruta nos cinco concellos da ría da Estrela. Neste sentido, lembrou que un dos obxectivos da nova xunta directiva é conseguir dar un novo impulso ao Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia para conseguir a tan agardada e merecida oficialización como ruta xacobea por parte da Xunta de Galicia.

Ademais, Santiago Freire tamén destacou as iniciativas postas en marcha baixo a súa presidencia da Asociación, en colaboración coa Asociación da Ría da Estrela e outras entidades, algunhas presentes no salón de plenos noiés. Neste sentido, fixo fincapé no salto cualitativo realizado o pasado mes de xaneiro en FITUR, “onde presentamos oficialmente, con concellos da Costa da Morte, a Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e turístico que conecta dous camiños xacobeos e que estará operativo nesta primavera; e onde innovamos co lanzamento dun novo concepto de ruta xacobea, o Camiño Marítimo a través da ría de Muros Noia, que estou convencido de que vai ser un gran éxito. Por unha banda, recuperamos a tradición da ría de Muros Noia como o Portus Apostoli. Por outra, contamos co primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da ría da Estrela, que seguro que atraerá a un grande número de peregrinos, pois será unha experiencia absolutamente única e atractiva”.

Asistentes á reunión

A reunión, celebrada o pasado martes 25 de febreiro en Noia, foi solicitada polas asociacións, entidades e colectivos implicados na promoción e desenvolvemento do Camiño da Ría Muros Noia. Entre os asistentes a este primeiro encontro co presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia figuraban:

• Montse París, coordinadora da asociación Muros, vila de auga e sal.
• Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible.
• Sindo Gandarela, presidente de Galicia Senderismo.
• Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña
• Belén Arróniz, xerente da asociación Noia Histórica
• José Antonio de la Riera, escritor, investigador e membro fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago e da Asociación Vía Mariana.
• Agustín Dosil, investigador e integrante da Academia Xacobea
• Matilde Dios, de Hostalaría Ría da Estrela
• Antonio Rodríguez, director de Tremuzo, Historia e Patrimonio

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...