O parque natural de Corrubedo dá acubillo dende hai 21 anos a un grupo de sapoconchos reintroducidos no hábitat polo grupo EcoEvo

26 Febreiro 2025

O grupo de investigación en Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (EcoEvo) alá polo ano 2004 introducía sete crías da tartaruga europea Emys orbicularis no Parque Natural de Corrubedo, no marco dunha iniciativa da Xunta de Galicia co apoio da UVigo co obxectivo de reintroducir esta especie nun hábitat no que estivera presente historicamente.

Durante os seis anos seguintes o equipo que coordina o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero incorporou ás lagoas outras oito crías e cinco exemplares adultos, para desenvolver desde entón un labor de seguimento e avaliación desta poboación dunha especie considerada en perigo de extinción no catálogo autonómico de especies protexidas. Sinalar que estes traballos permitiron comprobar como o número de sapoconchos presentes nunha poza do complexo dunar se mantiña estábel até 2018, con cifras que oscilaban entre os 13 e o 15 individuos, para logo experimentar un crecemento e chegar aos 50 exemplares a finais de 2023, 30 deles nados no propio parque natural. Porén, as análises xenéticas realizadas confirman tamén a “reducida diversidade” desta poboación, o que, recoñecen os investigadores, “non permite facer prever expectativas optimistas” sobre a súa “viabilidade a longo prazo”. Asemade, sinalan, “a escasa capacidade de colonización dentro do parque, con moi poucos individuos atopados fóra da charca principal, tamén poderá condicionar a supervivencia futura da especie” nesta contorna.

Os encargados de publicar os resultados dos traballos realizados durante dúas décadas son: Cordero, Guillermo Velo e César Ayres nun artigo na revista Animal Biodiversity and Conservation. Estes traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha serie de axudas e contratos de investigación financiados, principalmente, polo Goberno galego e tamén pola UVigo. A nivel global, Emys orbicularis figura na categoría de especies “case ameazadas” na listaxe da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) e no caso de Galicia, a súa presenza é escasa, o que fai que non existan na comunidade.

Esta escaseza motivou, como recoñece Cordero, que esta reintrodución se levase a cabo “usando maioritariamente individuos neonatos”, ante a imposibilidade de empregar exemplares adultos doutras poboacións existentes en Galicia, sen “poñelas en risco”.

Nos traballos de campo realizados en 2022 e 2023 obtivéronse mostras de sangue de 25 novos exemplares nacidos no parque natural e as análises de ADN permitiron confirmar a “diversidade xenética reducida” desta poboación, o que, malia os “positivos resultados” dos parámetros demográficos e de crecemento non permiten “facer expectativas optimistas sobre a viabilidade a longo prazo desta poboación”. Ao mesmo tempo, o feito de que só poida atoparse nunha charca artificial de 0,3 hectáreas fai tamén prever que esta poboación “non poida medrar moito máis” neste espazo, como recoñece Cordero. De aí que entre as propostas a futuro dos investigadores figuren iniciativas dirixidas a ampliar e “diversificar os hábitats” desta poboación, “mesmo coa creación dunha charca ou lagoa artificial que permita aumentar o seu número”.

Para rematar, dicir que para dar continuidade ao traballo desenvolvido ao longo destas dúas décadas, o grupo EcoEvo prevé poder realizar unha nova mostraxe este ano, que se sumaría ao seguimento que Velo está a realizar con cámaras-trampa, coa colaboración dos axentes ambientais do parque natural.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.